Onte tivemos unha gran sorpresa, os Reis Magos ademais de polas nosas casas, tamén pasaron polo noso cole e deixaron agasallos para a nosa clase pero... cando chegamos ao cole non había nada na nosa clase.
En canto chegou a profe á clase recibiu unha chamada a cal nada máis e nada menos eran OS REIS MAGOS que nos estaban a avisar de que os regalos deixáronnolos na Biblio porque se atoparon coa porta e ventás pechadas.
Ai, ai, ai profe que te despistas...
Despois de descubrir con moita emoción o que nos trouxeron, un parking de coches, un set de médicos e médicas e un carriño de bebés, tocaba o máis divertido: XOGAR!!!.