Amosando publicacións coa etiqueta Papirus. Amosar todas as publicacións
Amosando publicacións coa etiqueta Papirus. Amosar todas as publicacións

xoves, 24 de outubro de 2024

PARABÉNS PAPIRUS

Hoxe 24 de outubro, é o Día das Bibliotecas e ademais está de aniversario o noso amigo Papirus polo que onte fomos a cantarlle o parabéns á súa casa: o Bibliocastelo da Pedra. As alumnas e os alumnos de 1º de Primaria fixeron de madriñas e padriños durante a nosa visita á biblioteca de primaria, alí vimos un vídeo do conto "A abelliña que perdeu as ás", axudáronos a coñecer cal a nosa sección para coller emprestados contos e o máis "guay" vimos a Papirus pegado coas súas ventosas no Bibliocastelo.

Grazas compañeiras e compañeiros pola axuda na nosa visita e Papirus segue cumprindo anos así de ben.








luns, 14 de outubro de 2024

VISITAMOS A BIBLIO DE PAPIRUS

A semana pasada fixemos unha visita especial a nosa mascota da biblioteca, Papirus. Alí, ensinounos a cantidade de contos que nos vai emprestar para levantar ás nosas casas e a verdade é que alucinamos. Ademais, tamén nos ensinou como debemos tratar os contos, colocalos, lelos...e como debemos estar na Biblio para que o resto de compis poidan desfrutar, coma nós, da súa Biblio.