xoves, 30 de xaneiro de 2025

Día Escolar da Non Violencia e da Paz

Hoxe día 30 de xaneiro, conmemórase o Día da Paz e como cada ano, no noso centro fíxose un acto no centro de Primaria ao que as peixes e os peixes asistimos. Neste acto, comezouse cunha lectura por cursos duns manifestos pacíficos aos que estivemos moi atentos e atentas, despois cantamos unha canción en inglés e outra en galego; nesta última engadimos algún xesto signado para acompañar á letra.