luns, 15 de setembro de 2025

MINIFIC BUEU 2025

Hoxe tivemos un día moi especial, fixemos a nosa primeira saída de 4 anos ao Centro Social de Bueu para ver 6 curtametraxes do MiniFIC de Bueu. 

Destas curtas sabíamos o título pero non sabíamos de que ían tratar aínda que na clase vimos uns fotogramas para imaxinar cal podería ser a historia e así hoxe comprobar se adiviñaramos. Ao rematar, e cando chegamos á clase, fixemos unha votación para saber cal foi a nosa curta favorita saíndo entre as máis votadas: "A lenda do Colibrí" e "As Capibaras".

Pasámolo xenial aínda que o tempo non nos acompañou, pero unha vez máis foi toda unha experiencia.