Nesta xornada conmemorativa do Día Mundial do Teatro puidemos desfrutar dunha pequena obra de teatro escenificada por algún do alumnado do IES Johan Carballeira. As alumnas e os alumnos elexiron o conto de Rocío Bonilla "De que cor é un bico?" para axudarnos a descubrir de que cor pode ser un bico.
Despois visitounos Paco Nogueiras coa súa maleta chea de contos da editorial Kalandraka, a fábrica dos Libros para Soñar cos que nos fixo desfrutar moitísimo. Algún xa coñecíamos como o de "Violín" e "Tarde de Sapo" pero outros resultáronnos novos por iso estabamos moi atentas e atentos para non perder detalle da historia. Ademais, Paco Nogueiras é un "contador de contos" moi divertido porque acompaña os contos da súa música co acordeón.
Moitas grazas chicas e chicos do IES Johan Carballeira e Paco Nogueiras por facernos pasar un bo rato coa escoita dos vosos contos.