Hoxe tiñamos programada unha saída á Biblioteca Municipal de Bueu que por mor da choiva non puido ser; pero xa falamos con Manuel que o próximo día que veña o tempo soleado ou polo menos sen choiva imos ir.
Aínda así, o día foi súper divertido, porque as compañeiras e compañeiros de 4 anos como nos viron tan tristes por ter que anular a nosa excursión convidáronnos a merendar nas súas clases e nós, nunca rechazamos unha invitación coma esa.
Moitas grazas compis, esperamos que nos convidedes máis veces.