Hoxe, por fin, puidemos ir de excursión á Biblioteca de Bueu. Que nerviosas e nerviosos estabamos dende que entramos no cole, pero aínda quedaba un ratiño para saír xa que nos tiña que acompañar a profe Lucía. En canto chegou á nosa clase, avisamos a Manuel, o "xefe" da Biblio e arrancamos o tren en parellas para chegar alí. Foi un camiño curto e tranquilo para ao chegar alí, entrar en silencio e poder mirar os contos que Manuel tiña para nós.
Despois, a nosa profe Lucía, leunos o conto de "Felipe tiña gripe"; este conto encántanos, sobre todo cando Felipe esbirra tan forte, tan forte, que tembla o mundo enteiro. Ao rematar de ler este conto, fomos a merendar fora, preto do parque, e despois... a divertirnos
A volta ao cole, foi lenta porque íamos cansas e cansos, esgotamos toda enerxía.
Grazas Manuel por convidarnos, seguro que volveremos visitarte pronto.