mércores, 13 de novembro de 2024

Magosto

O mes de novembro ven cargadiño de festividades, festexamos o Samaín no seu día e hoxe o Magosto como festa tradicional da nosa contorna. Previamente a esta festa decidimos facer unha coroa cunha castaña á que lle puxemos dous olliños que tiñan que ser iguais, foi unha tarefa complexa porque os ollos eran moi parecidos pero o fixemos xenial. 

Hoxe era o gran día, e dende primeira hora da mañá estivemos moi emocionados pois era a nosa primera vez festexando o Magosto no cole de "maiores". Como cada ano, a Asociación de Corredoiras de Bueu encargouse de amenizar un momento de xogos tradicionais co xogo da ra, carozos, lanzar ferraduras, canas de pescar, figuras xeométricas e lanzar ariños. 

E, despois,...cantar e comer as castañas asadas!!! Estaban boísimas Ramón, graciñas.