sábado, 11 de outubro de 2025

luns, 29 de setembro de 2025

luns, 15 de setembro de 2025

MINIFIC BUEU 2025

Hoxe tivemos un día moi especial, fixemos a nosa primeira saída de 4 anos ao Centro Social de Bueu para ver 6 curtametraxes do MiniFIC de Bueu. 

Destas curtas sabíamos o título pero non sabíamos de que ían tratar aínda que na clase vimos uns fotogramas para imaxinar cal podería ser a historia e así hoxe comprobar se adiviñaramos. Ao rematar, e cando chegamos á clase, fixemos unha votación para saber cal foi a nosa curta favorita saíndo entre as máis votadas: "A lenda do Colibrí" e "As Capibaras".

Pasámolo xenial aínda que o tempo non nos acompañou, pero unha vez máis foi toda unha experiencia.








luns, 23 de xuño de 2025

venres, 13 de xuño de 2025

SAÍDA Á ECO-GRANXA RÍO MOURO DE POIO

Onte as peixes e os peixes fixemos a nosa primeira saída en autobús. Visitamos a Ecogranxa de Río Mouro en Poio cos nosos compañeiros e compañeiras de Laretas, a outra aula de 3 anos. 

Na granxa coñecemos a Marta e Saleta, as monitoras que nos presentaron a todos os animais e nos convidaron a plantar unha leituga para traer para as nosas casas, ademais de prepararnos unha merenda deliciosa.
Entre os animais que máis nos gustaron, foron as cabritas ás que lle demos de comer,  o cabalo Regi, os coelliños bebés e os poliños que chamamos Pepe. Tamén puidemos peinar unha ovella chamada Bimbo e acariciar á burrita Rita.

Foi unha experiencia xenial e aínda que o tempo non nos acompañou pasámolo en grande.