mércores, 9 de abril de 2025

SAÍDA POLA CONTORNA

Con este día soleado de abril aproveitamos para facer unha saída pola contorna cos compañeiros e compañeiras de 3 anos A e así comprobar os cambios que se produciron coa chegada da Primavera.

De camiño polo Río Bispo vimos flores, bolboretas, cabalos e dentes de león; despois chegamos ao parque da tirolina onde nos merecíamos un pequeno descanso para merendar e xa logo viña o que con máis gañas desexabamos: XOGAR!!