Neste mes de Outubro, realizamos distintas tarefas para coñecer o Samaín, como festa de tradición popular de Galicia.
Fixemos varias actividades, dende decorar un pouco a nosa clase, pintar cabazas, coñecer á araña vampiro que escapou da súa tea de araña, axudarlle a Buu a voltar á súa casiña, coñecer ao Monstro Verde e ata baleirar unha cabaza á que puxemos unha veliña para alumar a nosa clase.
O certo é que nestes días o pasamos xenial pero mañá a festa rachada continua e cremos que o imos pasar moooooi ben.