venres, 20 de decembro de 2024

FESTA DE NADAL

Despedimos o trimestre cunha gran festa onde nos enchemos de enerxía para despois subir ao cole de Primaria e poder coñecer e saudar aos Reis Magos. Ademais, compartimos un bonito momento cantando panxoliñas coas nosas compañeiras e compañeiros de Primaria.

FELICES FESTAS!!!



 









xoves, 19 de decembro de 2024

CHEGOU O NADAL

A maxia do Nadal tamén encheu a clase das peixes e dos peixes e fixemos moitas cousas para ter un recantiño da nosa aula con decoración navideña. 

Comezamos por darlle cor á nosa árbore que pintamos de cor verde con rodillos. Despois decoramos con boliñas de Nadal que nós deseñamos con gomets de estrelas douradas ou prateadas, a elexir, e posteriormente poñer unha foto nosa cuns gorriños de Nadal que unha compi nos emprestou. Pero, cando miramos a nosa árbore, algo lle faltaba, ata que nos demos conta que o que faltaba eran as luces e a estrela no alto da árbore así que nos puxemos mans á obra.

Tamén, fixemos unha árbore con goma-eva de brilli-brilli que decoramos con boliñas vermellas e estrelas douradas. O levamos para colocar nas nosas casas, houbo algunhas que colocaron en portas da habitación, outros na súa árbore de Nadal e outras na casa da avoa.

E por último, decoramos a letra inicial do noso nome, con misión incluída: elixir entre tantas letras. Ao principio parecía difícil pero axiña nos demos conta de cal era a nosa letra inicial, pintámola de cor vermello e colocamos un mini-gorriño de Papá Noel nun ladiño.

Isto foi moi divertido pero o venres chega a gran festa de Nadal na nosa aula e despois subiremos ao cole de Primaria para recibir unha visita moi especial que viaxan dende moi lonxe. QUE NERVIOS!!




martes, 17 de decembro de 2024

luns, 2 de decembro de 2024

mércores, 13 de novembro de 2024

Magosto

O mes de novembro ven cargadiño de festividades, festexamos o Samaín no seu día e hoxe o Magosto como festa tradicional da nosa contorna. Previamente a esta festa decidimos facer unha coroa cunha castaña á que lle puxemos dous olliños que tiñan que ser iguais, foi unha tarefa complexa porque os ollos eran moi parecidos pero o fixemos xenial. 

Hoxe era o gran día, e dende primeira hora da mañá estivemos moi emocionados pois era a nosa primera vez festexando o Magosto no cole de "maiores". Como cada ano, a Asociación de Corredoiras de Bueu encargouse de amenizar un momento de xogos tradicionais co xogo da ra, carozos, lanzar ferraduras, canas de pescar, figuras xeométricas e lanzar ariños. 

E, despois,...cantar e comer as castañas asadas!!! Estaban boísimas Ramón, graciñas.